A marca pescadeRías, ¿de onde se non? no boletín de novas do Parlamento Europeo

PescadeRías

O Parlamento Europeo, destaca como historia do mes, no seu boletín de novas de febreiro, o proxecto da marca pescadeRías, ¿de onde se non?, apoiado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP). A noticia amosa a importancia da marca na promoción e posta en valor dos produtos procedentes da pesca artesanal, así como a variedade de axentes implicados e o aseguramento da trazabilidade en toda a cadea de valor dos produtos certificados, ata chegar ao consumidor final.

Preme aquí para ver a nova publicada no boletín da Parlamento Europeo.
https://www.europarl.europa.eu/cmsdata/230186/Trawler%20February%202021.pdf