Lanzamento do proxecto piloto para o etiquetado individual de peixes con selo pescadeRías

Selo pescadeRías

Fisterra, 18 de novembro de 2012. Na xornada de hoxe tivo lugar o arranque do proxecto piloto para o etiquetado individual  de peixes baixo o amparo da marca pescadeRías que contou coa presenza do Secretario Xeral do Mar, Juan Maneiro.

Este proxecto conta coa colaboración das lonxas de Baiona, Bueu, Cangas, Fisterra e Portonovo, xa que serán as propias confrarías as encargadas de seleccionar as pezas que levarán o distintivo.