Inventario sobre patrimonio marítimo pesqueiro

Patrimonio

A Consellería do Mar, a través da marca pescadeRías ¿de onde se non? da Xunta de Galicia, está a elaborar un inventario sobre patrimonio marítimo pesqueiro material e inmaterial co obxectivo de poñer en valor a cultura mariñeira.

O inventario conterá, entre outros, refráns, lendas, ditos, poemas e cantigas, costumes e supersticións, toponimia costeira, fala mariñeira, vídeos e fotografías, que se publicarán na páxina web e redes sociais da marca pescadeRías ¿de onde se non?.

Gustaríanos contar coa vosa colaboración na recompilación de información para dar a coñecer e poñer en valor a pesca artesanal galega así como contar con testemuñas de persoas en activo ou retirados que relaten a evolución dos oficios do mar e as artes e aparellos de pesca ao longo do tempo. Se queres participar na elaboración do inventario, podes facelo a través do correo electrónico pescaderiasdeondesenon.cmrm@xunta.gal ou do número de teléfono 656885508. Para máis información preme aquí. Agradecemos o voso esforzo e a vosa colaboración.  Anímate a participar!

Foto: Arquivo histórico Asociación Cultural A Cepa Cangas.