Inscrición para participar en feiras

PescadeRias

O 03 de outubro abriuse o prazo de inscrición para aquelas empresas produtoras e comercializadoras de produtos do mar con sede social en Galicia que estean interesadas en participar ao amparo do posto da Consellería do Mar nalgunha feira nacional ou internacional no primeiro semestre de 2023.

As empresas interesadas en participar poden formalizar a súa inscrición e solicitude a través do portal Feimar, accedendo con Chave365 ou certificado dixital persoal.