Inicios de campaña e novos plans de pesca aprobados
02/02/2022
O pasado 17 de xaneiro reiniciouse a campaña de extracción da vieira na Ría de Arousa. De luns a xoves, 30 embarcacións da Confraría de Pescadores San Antonio de Cambados desembarcan na lonxa de Cambados as súas capturas.
O 1 de febreiro, comezou a campaña do ourizo en Ribeira, para a que están autorizadas 53 embarcacións da Confraría de Pescadores de Aguiño e 21 da Confraría de Pescadores de Ribeira.
Por outra banda, foron publicadas a RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2021 pola que se aproba o Plan de xestión da sardiña con arte de xeito para o ano 2022 no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e a RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2021 pola que se autoriza o plan de pesca de patexo (Polybius henslowii), patulate (Liocarcinus depurator) e conguito (Liocarcinus corrugatus) para o ano 2022 na Comunidade Autónoma de Galicia.