Inicio da veda do boi

Boi

O 28 de agosto ás 00.00 horas comeza a veda do boi (Cancer pagurus) dende a desembocadura do río Miño ata o río Eo que se prolongará ata as 24 horas do 6 de novembro de 2021, ambos inclusive.

A extracción deste crustáceo regúlase a través de plans de explotación anuais, nos que se determinan entre outras cousas, os períodos de veda. Captúrase principalmente con miños. Tamén pode ser capturado con outras con artes de enmalle fixas como trasmallos e raeiras ou con nasas.