Inicio da campaña marisqueira en Noia
21/10/2022
O pasado 19 de outubro, arrancou a campaña de marisqueo en Noia, que se viu retrasada este ano por mor da toxina.
En torno a 1.700 persoas participan da mesma entre mariscadores/as a pé e dende embarcación.
O primeiro día de campaña o berberecho de primeira categoría acadou un prezo de 21 €/kilo.