Inicio da campaña da vieira en Ferrol

PescadeRias

O 6 de marzo comezou a campaña da vieira na Ría de Ferrol. As extraccións deste bivalvo continuarán ata o 30 de marzo, sempre que as analíticas que se realizan cada semana para o control de toxinas continúen a ser positivas.

Na campaña participan 9 embarcacións cun total de 25 tripulantes. O tope de capturas por tripulante e día é de 60 quilos.