II Festa do Marisco de Barallobre
12/06/2026
A Confraría de Pescadores Santiago Apóstolo de Barallobre celebra esta fin de semana a segunda edición da súa Festa do Marisco, unha cita gastronómica que terá lugar os días 13 e 14 de xuño no paseo marítimo de Xuvia, en Narón.
Durante dúas xornadas, veciñanza e visitantes poderán degustar algúns dos produtos máis representativos do mar galego, entre os que destacan as ameixas, as navallas, a empanada de polbo e a paella de Barallobre.
Desenvolveranse varios showcookings e degustacións a cargo de Nair González, do restaurante Muelle 43 de Mugardos, con elaboracións protagonizadas por produtos do mar galegos.
Unha excelente oportunidade para gozar da gastronomía mariñeira e apoiar o sector pesqueiro local.
Consulta o programa aquí.