II Festa da Empanada Mariñeira con produto pescadeRías, ¿de onde se non?
27/09/2019
Os próximos días 27 e 28 de setembro, terá lugar na lonxa de Portonovo a segunda edición da Festa da Empanada Mariñeira con produto pescadeRías, ¿de onde se non?.
Organizada pola Confraría de Pescadores San Roque e o Club Piragüismo Portonovo, o evento pretende poñer en valor os recursos pesqueiros procedentes da pesca artesanal, ofrecendo empanadas elaboradas con produtos certificados pola marca pescadeRías.
O público asistente poderá degustar empanadas de xoubas, xarda, raia, congro ou xurelo de Portonovo, de berberechos de Noia, de ameixas de Lourizán, de polbo de Bueu, de navalla da ría de Pontevedra, de choco de Redondela, de volandeiras de Cambados, de percebes de Ons, de anguía de Arcade, de algas de Cangas ou de Mexillón de Galicia.