I Xornadas de Exaltación do Berberecho de Noia

I Xornadas de Exaltación do Berberecho de Noia

Do 15 ao 18 de decembro celébranse as I Xornadas de Exaltación do Berberecho de Noia, promovidas polo GALP Costa Sostible, en colaboración coa Confraría de Pescadores San Bartolomé de Noia, o Concello de Noia e Noia Histórica. Xornadas técnicas, clases maxistrais, ruta de tapas, visitas guiadas… cun único protagonista: o berberecho. No programa do primeiro día: inauguración, visita de turismo mariñeiro para prescriptores, clase maxistral a cargo dos “Hermanos Torres” e presentación da Ruta de Tapas.

Podes descargar o programa completo aquí.

Descarga o cartel aquí.