I Foro de Fomento de Consumo de Peixe, Alimentación Saudable e Sostible na Dieta Atlántica

PescadeRias

Entre hoxe 13 de setembro e mañá, estase a celebrar en Santiago de Compostela e Ribeira o I Foro de Fomento de Consumo de Peixe, Alimentación Saudable e Sostible na Dieta Atlántica.

Promovido pola Fundación Dietlántica a través da Universidade de Santiago de Compostela e coa colaboración da Consellería do Mar da Xunta de Galicia, o foro contará con profesionais de recoñecido prestixio que debatirán sobre os beneficios dunha dieta saudable desde os puntos de vista nutricional, medioambiental e social.