Hoxe remata a campaña marisqueira na Ría de Noia con cifras record

Hoxe remata a campaña marisqueira na Ría de Noia con cifras record

Na Ría de Noia remata hoxe xoves 19 a campaña marisqueira con moi bos resultados tanto en capturas como en facturación, superando con creces cifras de anos anteriores. Tanto o berberecho como o resto dos bivalvos comercializados nas lonxas de Testal e O Freixo, xestionadas pola Confraría de Pescadores de Noia, están certificados polo selo pescadeRías, ¿de onde se non?. Premendo aquí podes ver un artigo relacionado publicado en El Correo Gallego.