Hoxe comeza a campaña promocional pescadeRías en prazas de abastos
17/03/2017
Todo a punto para o inicio da campaña promocional do noso selo de calidade pescadeRías, ¿de onde se non? en oito prazas de abastos da nosa comunidade: Portonovo, Sanxenxo, Bueu, Cambados, Pontevedra, A Guarda, Cee e Santiago de Compostela. Con cada compra de produto certificado entregarase unha papeleta coa que participar nun sorteo de vales de peixe fresco e kits de material promocional.
A campaña comeza hoxe nas prazas de Santiago de Compostela, Cee, Portonovo e Sanxenxo, nas que o sorteo se celebrará o 7 de abril. Mañá sábado arrancará nas prazas de Cambados, Pontevedra, A Guarda e Bueu, onde terán o sorteo o 8 de abril.
Descarga aquí as bases do sorteo.
Descarga aquí o poster da campaña.