Gastronomic Forum Barcelona

pescadeRias

A marca pescadeRías de onde se non? participou na última edición de Gastronomic Fórum Barcelona, que se celebrou do 3 ao 5 de novembro.

As catas de produtos certificados pescadeRías de onde se non? estiveron a cargo de Marcos Arufe, do Espazo Remollo de Ames e de Javier Rodríguez “Taky” de Boqueté Catering de A Coruña.

As entidades certificadas Fish Factory, S.L., Artesa Rías Baixas S.L., O Percebeiro S.L, Costas y Miñán S.L. e Marítima de Hoteles y Restaurantes S.L. (HORESMAR) participaron como coexpositoras no stand institucional.