Gastronomía: restauración, bodegas, turismo
14/09/2023
A Subdirectora Xeral de Valorización de Produtos do Mar, Marta Villaverde Acuña, presentou a marca pescadeRías, ¿de onde se non? durante a conversa estratéxica Galicia, atractivo da gastronomía: produto, marca e experiencia, que tivo lugar no Encontro “Gastronomía: restauración, bodegas, turismo“.
O encontro, organizado polo Círculo de Empresarios de Galicia conxuntamente co IGAPE, forma parte do programa “Capacita Directivos” que se celebrou o mércores 13 de setembro na sede do Círculo de Empresarios de Galicia, en Vigo.