Galicia Marketplace
27/05/2024
A marca pescadeRías de onde se non? participará na 8ª edición do Galicia Market Place, organizada polo Círculo de Empresarios de Galicia, que terá lugar o xoves 30 de maio.
Ana Pérez, coordinadora do equipo técnico da marca, formará parte dos relatores da mesa redonda de Consumo. As entidades certificadas Frigoríficos Rosa de los Vientos e Confraría de Pescadores San José de Cangas terán presenza no espazo escaparate, de presentación de produtos artesanos/gourmet e novas iniciativas do mar de Galicia.
Información e inscricións aquí.