Vostede está aquí

Galicia Market Place Vigo, 4ª Edición

Publicado o luns, 04 Marzo 2019 12:21
Galicia Market Place Vigo, 4ª Edición

O pasado 28 de febreiro estivemos na IV Edición de Galicia Market Place, celebrada en Vigo, no Círculo de Empresarios de Galicia. Durante a xornada, participamos na mesa redonda Diferenciación para gañar en competitividade e acceder aos mercados esixentes. Calidade diferenciada e certificación como requisitos estratéxicos e no espazo escaparate con dúas empresas certificadas: Cooperativa Ría de Arousa e Yatecomeré. Alfonso Gallardo presentou a súa plataforma de e-commerce, Sal y Laurel, adherida ao selo de pescadeRías, ¿de onde se non? e os produtos certificados degustáronse no showcooking e no almorzo coloquio do evento.

Compartir en redes sociais