Galicia Calidade Alimentaria

PescadeRias

Durante a I Mostra de Calidade Alimentaria organizada pola Xunta, e celebrada no Pazo de Quián entre o 15 e do 17 de decembro, anunciouse a creación do selo Galicia Calidade Alimentaria que englobará produtos agroalimentarios con excelencia recoñecida e afondará na súa promoción.

A futura Lei da Calidade Alimentaria da Xunta, que entrará no parlamento o presente ano 2022, apostará pola produción excelente de proximidade, san e sustentable que sempre distinguiu á nosa comunidade, pola súa singularidade e pola diferenciación.