Galicia, Pórtico Universal

Galicia, Pórtico Universal

Galicia, Pórtico Universal comezou o seu percorrido neste 2015 en Burgos, do 17 ao 19 de abril. Esta mostra inclúe unha exposición de artesanía galega, unha mostra de produtos alimentarios galegos non perecedoiros con denominación de orixe ou marca de calidade, unha demostración en vivo dunha actividade artesá galega, área de información de turismo e unha aula profesional de catas.
Inclúe ademais un punto de venda de produtos amparados polos consellos reguladores de produtos agroalimentarios con denominación de orixe ou indicativo xeográfico protexido que participan na iniciativa. Nesta ocasión, contou coa presenza dun dos cociñeiros galegos galardoados este ano con unha estrela 'Michelin': Iván Domínguez.