Gala Solidaria a beneficio da Asociación Española Contra o Cancro (AECC)

pescadeRias

O sábado 10 de agosto tivo lugar no emblemático Eurostars Gran Hotel La Toja 5* a celebración da Gala Benéfica a favor da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) que organiza o Grupo Hotusa.

Este evento, que se celebra cada ano, ten como obxectivo a recadación de fondos para apoiar o financiamento de proxectos de investigación oncolóxicos e contribuír a erradicar esta enfermidade.

O menú foi elaborado polo chef executivo do hotel, Enrique Martínez Monteagudo. Asistiron 166 persoas entre elas, personalidades do mundo da cultura, da política e da empresa que puideron degustar produtos da marca da pesca artesanal pescadeRías de onde se non?, Bonito do Norte e pescada de Burela.

Máis información nas seguintes notas de prensa: