Fórum Gastronómico Barcelona

PescadeRias

Do 6 ao 8 de novembro, Galicia estivo presente no Fórum Gastronómico de Barcelona, promocionando a calidade dos produtos galegos a través dun espazo habilitado pola Xunta de Galicia a través da colaboración da Consellería do Medio Rural, a Consellería do Mar e a Consellería de Economía, Industria e Innovación.

Os produtos certificados pescadeRías de onde se non? foron presentados durante a cata guiada pescadeRías, o tesouro Atlántico, con José Manuel Mallón aos fogóns.

Participaron no evento as empresas certificadas, Frigoríficos Rosa de los Vientos S.L., Artesa Rías Baixas S.L., HQ Seaweed S.L. e O Percebeiro S.L.