Foro sobre alimentación saudable e envellecemento activo

Foro sobre alimentación saudable e envellecemento activo

O pasado 21 de novembro, tivo lugar en Santiago de Compostela o I Foro activIDADE: alimentación e envellecemento activo, organizado pola Unión de Consumidores de Galicia en colaboración coa Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade e Mercadona.

O selo pescadeRías, ¿de onde se non?, tivo presencia cun stand onde as persoas asistentes recibiron información sobre etiquetado en peixes e mariscos e recoñecemento de distintas especies.

Premendo aquí podes ver a un corte do programa Fun polo aire rodado durante o evento.