Formación na Confraría de Pescadores de Ferrol
10/06/2024
Rita Pesqueira, do equipo técnico da marca, impartiu un curso de Hixiene alimentaria e manipulación de alimentos ao persoal encargado de garantir a trazabilidade dos produtos que se comercializan na lonxa da Confraría de Pescadores de Ferrol.
Esta formación é preceptiva para todas aquelas persoas que manipulan e/ou están en contacto con produtos alimentarios.