Formación a futuros/as profesionais da hostalaría

pescadeRias

O equipo de pescadeRías de onde se non? realizou onte unha actividade formativa dirixida ao alumnado do curso de Cociña Colectiva promovido polo Concello de Ribeira no marco do seu Plan de Emprego.

A sesión desenvolveuse en dúas partes: unha visita guiada á Praza de Abastos de Ribeira, onde o alumnado puido coñecer de primeira man as especies dispoñibles, a súa tempada, o etiquetado e os criterios de frescura; e un obradoiro na aula centrado na identificación de moluscos.

Durante a xornada abordáronse tamén aspectos clave como o etiquetado, a seguridade alimentaria, a trazabilidade e a valorización da pesca artesanal galega, para reforzar a formación práctica do alumnado e o coñecemento dos produtos do mar.

Con esta son tres as actividades formativas destinadas a futuros profesionais da hostalería que se impartiron no que vai de ano.