Formación a entidades certificadas
02/01/2026
En decembro impartiuse na lonxa de Baiona o curso de Hixiene alimentaria e manipulación de alimentos dirixido ao seu persoal. Esta acción formativa enmárcase no compromiso coa calidade e coa correcta xestión dos produtos do mar certificados baixo o selo pescadeRías de onde se non?
A actualización continua en materia de trazabilidade, hixiene e seguridade alimentaria resulta un requisito clave para garantir a confianza do consumidor e o cumprimento da normativa vixente. A formación permitiu reforzar coñecementos prácticos sobre boas prácticas, control sanitario e manexo adecuado do produto desde a descarga ata a primeira venda. O equipo técnico da marca imparte este tipo de cursos ás entidades certificadas como parte do seu labor de acompañamento, mellora continua e posta en valor da pesca artesanal galega.