Fin da campaña da zamburiña

PescadeRias

O pasado 31 de outubro rematou a campaña da zamburiña na ría de Ferrol. Case a totalidade das capturas desta especie en Galicia (arredor de 30 toneladas en 2022) realízanse nesta ría, comercializándose nas lonxas de FerrolBarrallobre e Mugardos, certificadas polo selo pescadeRías.