Fin da campaña da volandeira na Ría de Arousa

PescadeRias

O 31 de marzo rematou a campaña da volandeira (Aequipecten opercularis) na Ría de Arousa. A campaña reiniciarase probablemente en novembro de este ano.

Esta especie debe o seu nome ao seu peculiar xeito de “voar” por debaixo da auga. As súas valvas son cóncavas con “orellas” de desigual tamaño e asimétricas, normalmente de cor pardo rosada. Non debemos confundila coa zamburiña (Chlamys varia), máis ovalada, con máis costelas e “orellas” máis desiguais.