Festa do Percebe en Aguiño

pescadeRias

Onte celebrouse Festa do Percebe en Aguiño, que este ano chegou á súa 25ª edición. O evento contou con grande afluencia de público, que fixo cola para catar o produto e esgotou as 3.000 racións de percebes dispoñibles. Con motivo da 25ª edición da festa, as racións servíronse nun prato conmemorativo especialmente deseñado para a ocasión.

Na celebración foron recoñecidos como “Percebeiros de Honra” o carpinteiro de ribeira Domingo Ayaso, cunha traxectoria profesional entregada á construcción e reparación de dornas, e o historiador “Daniel Bravo, colaborador da confraría na documentación do seu pasado para a celebración do centenario, que terá lugar en outubro.

A Festa do Percebe de Aguiño foi declarada de Interese Turístico Galego polo Consello da Xunta no ano 2022. 

Podes ver aquí un vídeo coas mellores imaxes da celebración.