Festa do Marisco de Barallobre 2025

pescadeRias

O porto de Barallobre acollerá unha nova edición da tradicional Festa do Marisco, organizada pola Confraría de Barallobre coa colaboración do Concello de Fene. O evento celebrarase o 24 e 25 de agosto, e ofrecerá degustacións de marisco fresco procedente da ría de Ferrol e certificado pola marca pescadeRías de onde se non?.

O programa inclúe dous showcookings diarios, a cargo da cociñeira Nair González, do restaurante Muelle 43, adherido á marca.

Tamén haberá actividades de ocio para os máis pequenos e música ao vivo, nunha cita que pon en valor o traballo do mar e a calidade do produto artesanal galego.