Festa do longueirón en Fisterra
05/08/2016
O vindeiro domingo día 7 estaremos na Festa do Longueirón en Fisterra. Poderás achegarte aos oficios do mar no Museo da Pesca do Castelo de San Carlos, aprenderás a diferenciar os longueiróns doutros moluscos solénidos e catarás as preparacións que elaborará Manel Oliveira, da Tapería Castelao.
Contamos contigo!
Descarga o cartel co programa de actividades aquí.