Festa da empanada mariñeira de Portonovo
22/09/2025
A lonxa de Portonovo acolleu a pasada fin de semana a VII Festa da Empanada Mariñeira, unha cita gastronómica xa consolidada no final do verán. O evento reuniu veciños, visitantes e amantes da boa cociña arredor de máis de 18 variedades de empanadas elaboradas con produtos da pesca artesanal galega. A programación incluíu un obradoiro-concurso familiar de empanadas, unha charla divulgativa e un showcooking, que completaron unha fin de semana dedicada a poñer en valor a tradición mariñeira e os sabores do mar.