Festa da Empanada Mariñeira de Portonovo

pescadeRias

A Confraría de Pescadores San Roque de Portonovo e o Club de Piragüismo de Portonovo organizan o 14 e 15 de setembro a 6ª edición da Festa da Empanada Mariñeira elaborada con produto certificado pola marca pescadeRías de onde se non?

O evento contará con actividades de ocio e degustación para o público infantil e adulto, que inclúen un Showcooking, un Obradoiro-concurso para nenos e nenas, unha sesión de maridaxe da empanada mariñeira con viños galegos e un concurso de empanadas, así como varias actuacións musicais.

Consulta o programa completo de actividades aquí.

Consulta as bases do concurso da Empanada Mariñeira aquí.