Estreamos blog da pesca artesanal galega
17/11/2025
A marca da pesca artesanal galega dá un paso máis na súa comunicación coa apertura deste novo espazo dixital.
O blog de pescadeRías de onde se non? nace co obxectivo de achegar ao público toda a actualidade arredor dos produtos do mar certificados, das entidades certificadas e adheridas e das iniciativas que poñen en valor a pesca artesanal. Pretende ser unha xanela aberta ao mundo mariñeiro, dando visibilidade ao traballo das confrarías, lonxas, peixerías, restaurantes e empresas transformadoras que forman parte da marca.
Comunicar, educar e promover un consumo responsable de peixe e marisco fresco, con orixe garantida, é a razón de ser deste novo canal.
Dámosche a benvida a este novo espazo. Agardamos que nos acompañes nesta travesía!
Podes consultar o blog aquí.