Estivemos nas II Xornadas Técnicas de Exaltación do Berberecho de Noia
27/11/2017
O sábado 25 participamos nas II Xornadas Técnicas de Exaltación do Berberecho de Noia dentro dun grupo de charlas sobre marcas de calidade e selos de sustentabilidade na comercialización de produtos pesqueiros e marisqueiros. Na mesma xornada tamén estiveron Conservas La Brújula e Cooperativa Ría de Arosa, ambas certificadas polo noso selo.