Estivemos en Auténtica Sevilla

pescadeRias

Os días 15 e 16 de setembro celebrouse en Sevilla a Auténtica Food Fest 2025, unha das citas profesionais máis recentes e con maior proxección no ámbito da alimentación en España. O encontro converteuse nun espazo de referencia que reuniu a milleiros de profesionais, directivos e cociñeiros vinculados á gran distribución, ao comercio retallista, ao canal horeca e á alta gastronomía, nun foro único para coñecer tendencias e retos do sector.

O evento contou cun stand institucional da Consellería do Mar no que participaron oito empresas, entre elas El Percebeiro S.L., Costas y Miñán S.L. e a Confraría de Pescadores Santiago Apóstol de Barallobre, certificadas pola marca pescadeRías de onde se non?