Especies de tempada: a sardiña

PescadeRias

A sardiña (Sardina pilchardus) é un peixe azul de pequeno tamaño, corpo alongado e esvelto, cor azul verdosa e ventre prateado. Durante os meses estivais está no seu mellor momento de consumo, coa cantidade de graxa axeitada.  Rica en proteínas de alto valor biolóxico, destaca polo alto contido en ácidos graxos omega 3, entre outras calidades nutricionais. Na cociña é moi versátil e admite múltiples preparacións tanto fresca como en conserva.

Preme aquí para saber máis sobre esta especie.