Especie do mes: linguado
28/03/2022
O linguado (Solea solea) é un peixe plano, de corpo asimétrico, boca e ollos pequenos e cabeza redondeada. A súa cor pola parte superior é parda ou marrón agrisada, con grandes manchas irregulares escuras. Vive en fondos de area e limo, desde a costa ata 200 metros e podemos atopalo con frecuencia nas zonas de estuario.
Artesanalmente captúrase con trasmallo e tamén con rascos e miños durante todo o ano.
Se queres saber máis sobre esta especie preme aquí para ver unha ficha.