Entidade do mes: Confraría de Pescadores de Ferrol

PescadeRias

Lonxa de Ferrol está certificada polo selo pescadeRías para a primeira venda de peixes, crustáceos, cefalópodos, bivalvos, antozoos e equinodermos. No mesmo edificio, a Confraría ten unha pequena depuradora de bivalvos e centro de expedición de equinodermos, tamén certificados, e unha peixería chamada A Túa Lonxa, adherida ao selo. Unha especie característica que se comercializa nas súas instalacións é a zamburiña, en campaña ata o mes de outubro. Case a totalidade das capturas desta especie en Galicia proceden da Ría de Ferrol.