Vostede está aquí

Do mar ao prato na Lonxa de Arcade

Publicado o martes, 09 Abril 2019 11:48
Do mar ao prato na Lonxa de Arcade

Os pasados 06 e 07 de Abril tivo lugar unha nova edición das xornadas Do Mar ao Prato no peirao de Arcade, organizadas pola Confraría de Pescadores Virxe do Carme, coa colaboración de Mariscos Inés, ambas entidades certificadas polo selo pescadeRías, ¿de onde se non?, e do concello de Soutomaior.

Puidéronse degustar diferentes preparacións das principais especies que se comercializan na lonxa como ameixas, chocos ou anguías. O programa completouse coa exposición fotográfica Xoias do mar e con actuacións musicais.

Compartir en redes sociais