Día Internacional da Muller no Sector Marítimo 2024
18/05/2024
Hoxe celébrase o Día Internacional da Muller no Sector Marítimo. O lema deste ano: “As mulleres forxan o futuro da seguridade marítima”, recoñece o papel fundamental que desempeñan as mulleres para mellorar as medidas de seguridade, xa sexa en calidade de mariñeiras o de profesionais do sector marítimo, ou en postos directivos.
Desde a marca pescadeRías de onde se non? traballamos diariamente con mulleres que desenvolven moi distintos roles dentro da cadea mar-industria, desde a extracción á comercialización, pasando pola clasificación, primeira venda, procesado, transporte e transformación dos produtos do mar. A todas elas, dedicamos esta publicación.