Detección de mareas vermellas nas rías galegas
21/07/2023

Este mes recollemos un artigo publicado orixinariamente na revista GCiencia no que se presenta unha nova metodoloxía con fotografías de Sentinel-2 para controlar as proliferacións de algas potencialmente nocivas, desenvolvida por investigadoras do CSIC.
A importancia desta investigación radica no arranque dunha metodoloxía nova para detectar mediante os satélites Sentinel-2 e en tempo case real as floracións de algas con detalle, incluídas especies nocivas que en Galicia, debido á acumulación das súas toxinas no marisco, ocasionan danos a sectores como a acuicultura ao supoñer un risco para a saúde humana e animal.
Autor da foto: Andrés Simón Gómez