Curso de recoñecemento de especies mariñas de interese comercial

pescadeRias

Onte impartiuse un curso de recoñecemento de especies mariñas na lonxa de Baiona. A sesión, na que participou persoal das lonxas de Baiona, A Guarda e Vigo, centrouse nas características clave para a diferenciación de especies comerciais de morfoloxía similar.

Esta foi a terceira edición desta acción formativa, que tivo lugar anteriormente nas lonxas de Ribeira e Fisterra.