Corazón da Artesanía 2023
13/07/2023
"Unha cociña para facer feliz á xente". Así definiu Jorge Gago, o chef dos restaurantes A Maceta e O Testo de Santiago de Compostela, a súa demostración de cociña con produtos certificados pescadeRías, ¿de onde se non? o 8 de xullo nas xornadas de Artesanía no Prato, no X Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia en Os Pendellos, Agolada.