Conxemar 2025

pescadeRias

Hoxe comeza unha nova edición da feira Conxemar en Vigo. Neste gran encontro internacional da industria dos produtos do mar conxelados, tamén están presentes os produtos da pesca artesanal galega. A feira, considerada unha cita ineludible para o sector, conta cun stand institucional da Consellería do Mar no que participan 16 empresas galegas. Entre elas destacan tres entidades certificadas pola marca pescadeRías de onde se non?: Mariscos Daporta S.L., HQ Seaweed S.L. e Porto-Muíños S.L.