Convocatorias de axudas

PescadeRias

Axudas para proxectos de cooperación interterritorial e transnacional dos grupos de acción local do sector pesqueiro. Prazo: 04/03/2022.

Axudas a proxectos de rexeneración que permitan mellorar a produtividade dos bancos marisqueiros con problemas de perda de produción e que contribúan a unha mellora da xestión e conservación sustentables dos recursos mariños. Prazo: 02/03/2022.

Axudas autonómicas para proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas ou establecementos autorizados para a primeira venda de produtos pesqueiros e dos lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do medio ambiente, da seguridade e das condicións de traballo, e da calidade e do control e rastrexabilidade dos produtos desembarcados da pesca. Prazo: 28/02/2022.

Axudas a proxectos colectivos para a conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades marisqueiras sustentables. Prazo: 28/02/2022.

Axudas autonómicas para proxectos ao abeiro das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativas. Prazo: 28/02/2022.

Axudas a operacións innovadoras relacionadas coa conservación dos recursos biolóxicos mariños. Prazo: 28/02/2022.

Axudas a proxectos innovadores no sector extractivo. Prazo: 28/02/2022.

Axudas para investimentos que limiten o impacto da pesca no medio mariño e adaptación da pesca á protección das especies. Prazo: 24/02/2022.

Axudas destinadas a servizos de asesoramento para fomentar a pesca sostible. Prazo: 24/02/2022.

Axudas para investimentos que melloren a hixiene, saúde, seguridade e condicións de traballo en buques pesqueiros. Prazo: 24/02/2022.

Axudas para investimentos en eficiencia enerxética e mitigación do cambio climático. Prazo: 24/02/2022.

Axudas para investimentos que aumenten o valor engadido, calidade dos produtos e utilización de capturas non desexadas. Prazo: 24/02/2022.

Axudas autonómicas a proxectos colectivos para a protección e recuperación da biodiversidade mediante a recollida de residuos mariños. Prazo: 21/02/22.

Real Decreto 1155/2021, de 28 de decembro, polo que se establecen as bases reguladoras das subvencións a agrupacións de entidades que realicen proxectos en materia de crecemento azul no sector pesqueiro e da acuicultura, e se convocan para 2022 e 2023.