CONVOCATORIA DE AXUDAS

Medio Rural

Santiago, 23 de xaneiro de 2014.- A Consellería de Medio Rural e do Mar destina máis de 2,6 millóns de euros á mellora da produtividade dos bancos marisqueiros con perda de produción. Esta liña de axudas destínase a proxectos colectivos de acondicionamento mariño e rexeneración, co fin de contribuír de forma sustentable a mellorar a xestión e conservación dos recursos mariños vivos. A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia as bases reguladoras destas axudas e a convocatoria para 2014. A contía das axudas será cofinanciada polo Fondo Europeo da Pesca nun 75 %. Os beneficiarios destas subvencións serán entidades do sector pesqueiro coma confrarías, organizacións de produtores, cooperativas do mar ou asociacións de profesionais do sector que teñan a súa sede social en Galicia.

Os proxectos a presentar deberán explicar os obxectivos que se perseguen e conter unha descrición das accións que se pretenden emprender, cun calendario de realización e melloras esperadas con cada unha delas. O prazo de presentación de solicitudes é dun mes a contar dende o 24 de xaneiro.