A Consellería do Mar pon en marcha o "Bono Peixe”

pescadeRias

Hoxe publícase no Diario Oficial de Galicia a orde que regula o Bono Peixe, unha axuda de ata 50 € por persoa para incentivar o consumo de peixe e marisco fresco nas pescaderías e mercados galegos que se adhiran ao programa de dinamización.

Os comerciantes interesados en participar poderán adherirse a o programa a través da web https://bonopeixe.gal/ a partir de mañá venres.

A iniciativa conta cun orzamento de 2,5 millóns de euros, con descontos do 25 % por compra, limitados a 5 €/semana. Os bonos estarán dispoñibles a partir do 28 de xullo en formato dixital (QR), descargables a través da web e dunha app móbil Prevese que se beneficien uns 150.000 usuarios, xerándose un impacto económico estimado de 10 millóns de euros.

Consulta a orde completa aquí.