Confraría de Pescadores de Fisterra

pescadeRias

A confraría de pescadores de Fisterra é unha das máis antigas de España, con 101 anos desde a súa fundación. A súa flota está composta por embarcacións de baixura que se dedican á pesca con artes menores e palangre de fondo. Tamén conta con perto de 50 persoas dedicadas á extracción de recursos específicos con técnicas de mergullo.

Os grupos biolóxicos principais capturados pola súa flota de baixura son peixes (65% en volume total e 54% do valor de facturación no ano 2023) e cefalópodos (15% en volumen e 19% en valor económico). A continuación, bivalvos, co longueirón como especie principal e equinodermos (ourizo).
Entre os peixes destacan a pescada como especie principal en volumen e a robaliza como especie de maior valor de facturación. Os peixes azuis tamén son un recurso importante en volumen nesta confraría, coa xarda á cabeza, seguida do xurelo. Outras especies importantes son o abadexo, as raias, o sargo, a faneca e a maragota.

Contan coa certificación pescadeRías de onde se non? para peixes, bivalvos, crustáceos, cefalópodos, equinodermos e algas.