Confraría de Pescadores de Carreira e Aguiño
23/01/2026
A Confraría de Pescadores de Carreira - Aguiño, fundada no ano 1924, é unha das entidades históricas do sector pesqueiro galego e un referente na posta en valor dos produtos do mar.
Certificada pola marca pescadeRías de onde se non? desde 2008, a súa certificación abrangue crustáceos, bivalvos e equinodermos. No ano 2025, o principal recurso comercializado por volume foi o ourizo, con 60 toneladas capturadas, seguido da navalla, o percebe e a ameixa babosa. Por importe de vendas, o percebe destacou como o recurso máis relevante, cunha facturación próxima aos 950.000 euros, que representou o 34% da recadación total.
Cada mes de xullo, a confraría organiza a tradicional Festa do Percebe de Aguiño, unha cita clave para achegar este produto de alta calidade ao público.